Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Subtitulado
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo previo O estudantado disporá, na plataforma de teledocencia, dunha guía cos principais contidos da materia desenvolvidos, así como unha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co fin de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.
Foros de discusión Nos foros de discusión da plataforma de teledocencia, poranse en común e discutirán as propostas das prácticas de subtitulado.
Presentación A primeira sesión da materia será presencial (aínda que tamén se gravará e colgará na plataforma de teledocencia) e dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretende alcanzar, o temario, a forma en que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Lección maxistral Na lección maxistral da semana presencial explicaranse en detalle e exemplificaranse algúns dos contidos teóricos que se porán en práctica en estudos de caso seleccionados.
Estudo de casos Selección de casos nos que o estudantado pon en práctica os coñecementos teóricos expostos na lección maxistral e asimilados a través das lecturas á súa disposición na plataforma de teledocencia.
Resolución de problemas Cuestionarios sobre lecturas, preguntas para reflexionar sobre as tendencias investigadoras máis recentes no ámbito, comentarios sobre os estudos de casos e as prácticas que se realizarán de forma individual ou grupal.
Prácticas con apoio das TIC Os contidos teóricos que o estudantado debe asimilar exercitaranse a través de actividades e distintos tipos de exercicios que se realizarán individualmente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000