Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Recursos Documentais para a Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Os alumnos realizarán individualmente ou en grupo un microtesauro do ámbito audiovisual ou multimedia. 40 CG11
CE9
CE14
Resolución de problemas de forma autónoma Os resultados obtidos na resolución dos problemas expostos nos distintos bloques temáticos do curso permitirán avaliar os coñecementos e habilidades dos alumnos. 60 CG11
CE7
CE8
CE9
CE14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

TEMPORALIZACIÓN DO CURSO:

As actividades de aplicación, estruturaranse en 4 bloques, como se indica máis abaixo; os 3 primeiros bloques desenvolveranse en períodos de 11 días, o cuarto nun de 24. 

PERÍODO 1: día nº 1-día nº 11

Bloque 1: “Introdución: a documentación aplicada á tradución multimedia”  

Bloque 2: “Os documentos multimedia como categoría documental”

PERÍODO 2: día nº 12-día nº 22

Bloque 3: “Procura documental para a tradución multimedia”

PERÍODO 3: día nº 23-día nº 33

Bloque 4: “Tratamento da información en tradución multimedia”

PERÍODO 4: día nº 34-día  nº 57

Bloque 5: “Documentación e terminoloxía no ámbito audiovisual”

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Para a avaliación da materia na segunda convocatoria, os alumnos realizarán as actividades de aplicación práctica que non levasen a cabo no seu momento ou, no seu caso, reformularán e realizarán de novo, seguindo as indicacións do profesor, aquelas que non superasen satisfactoriamente durante o desenvolvemento do curso.

A data límite para entregar as actividades na segunda convocatoria de avaliación farase pública oportunamente en Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000