Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Recursos Documentais para a Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Os resultados obtidos na resolución de problemas permitirán avaliar os coñecementos e habilidades dos estudantes. 30 B11
C7
C8
C9
C14
Estudo de casos/análises de situacións Os resultados obtidos nos estudos de casos permitirán avaliar os coñecementos e habilidades dos estudantes. 30 B11
C7
C8
C9
C14
Traballos e proxectos Os alumnos realizarán individualmente ou en grupo un microtesauro do ámbito audiovisual ou multimedia. 40 B11
C8
C9
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

TEMPORALIZACIÓN DO CURSO:

As actividades de aplicación, estruturaranse en 4 bloques, como se indica máis abaixo; os 3 primeiros bloques desenvolveranse en períodos de 11 días, o cuarto nun de 24.

PERÍODO 1: día n.º 1-día n.º 11

Bloque 1: "Introdución: a documentación aplicada á tradución multimedia"

Bloque 2: "Os documentos multimedia como categoría documental"

PERÍODO 2: día n.º 12-día n.º 22

Bloque 3: "Busca documental para a tradución multimedia"

PERÍODO 3: día n.º 23-día n.º 33

Bloque 4: "Tratamento da información en tradución multimedia"

PERÍODO 4: día n.º 34-día n.º 57

Bloque 5: "Documentación e terminoloxía no ámbito audiovisual"

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Para a avaliación da materia na segunda convocatoria, os alumnos realizarán as actividades de aplicación práctica que non levasen a cabo no seu momento ou, no seu caso, reformularán e realizarán de novo, seguindo as indicacións do profesor, aquelas que non superasen satisfactoriamente durante o desenvolvemento do curso.

Data límite para entregar as actividades na segunda oportunidade de avaliación: 1 de xullo de 2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000