TEMPORALIZACIÓN DO CURSO: As actividades de aplicación, estruturaranse en 4 bloques, como se indica máis abaixo; os 3 primeiros bloques desenvolveranse en períodos de 11 días, o cuarto nun de 24. PERÍODO 1: día n.º 1-día n.º 11 Bloque 1: "Introdución: a documentación aplicada á tradución multimedia" Bloque 2: "Os documentos multimedia como categoría documental" PERÍODO 2: día n.º 12-día n.º 22 Bloque 3: "Busca documental para a tradución multimedia" PERÍODO 3: día n.º 23-día n.º 33 Bloque 4: "Tratamento da información en tradución multimedia" PERÍODO 4: día n.º 34-día n.º 57 Bloque 5: "Documentación e terminoloxía no ámbito audiovisual" SEGUNDA CONVOCATORIA: Para a avaliación da materia na segunda convocatoria, os alumnos realizarán as actividades de aplicación práctica que non levasen a cabo no seu momento ou, no seu caso, reformularán e realizarán de novo, seguindo as indicacións do profesor, aquelas que non superasen satisfactoriamente durante o desenvolvemento do curso. Data límite para entregar as actividades na segunda oportunidade de avaliación: 1 de xullo de 2016. |