Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Aspectos Interculturais da Tradución Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Os estudantes deberán demostrar a través da súa participación activa e razoada no foro que leron criticamente o material proposto para os estudos previos e que saben aplicalo realizando diversas actividades propostas polo profesorado (vídeo das lecturas de primeiro bloque 15%, actividade de foro sobre os aspectos interculturais da localización de software e videoxogos 15%). 30 B1
B11
B13
B14
B15
C4
C7
C13
Estudo de casos/análisis de situacións Os estudantes deberán levar a cabo diferentes actividades de análises dos aspectos culturais dalgúns produtos multimedia. Ditas actividades integraranse nunha macrotarea de caracterización da cultura española (caracterización da cultura española, exemplificación mediante un produto audiovisual e elaboración dun perfil para a localización de páxinas web). 30 B1
B11
B12
B13
B14
B15
C4
C7
C13
Traballos e proxectos O alumno levará a cabo de forma individual ou en grupo un traballo de análise dun produto multimedia (en calquera das súas modalidades) na que analizará en profundidade os problemas culturais que presenta e a forma en que se resolveron ou poderían resolverse. Data de entrega: 15 de xaneiro de 2018. 40 B1
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
C4
C7
C11
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado que a materia se concibe como unha primeira aproximación á investigación sobre os aspectos culturais implicados na tradución multimedia, concederase especial importancia á redacción das diferentes tarefas encomendadas, que deberán axustarse aos estándares da redacción académica. Consecuentemente, aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente
informal e/ou que incumpran as normas ortográficas gramaticais e de puntuación recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.

Para superar a materia non é obrigatorio asistir ás sesións presenciais.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN

Na segunda convocatoria, os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade de avaliación deberán completar os traballos que non entreguen ou resolvan de maneira satisfactoria durante o curso. Para iso, fíxase un prazo máximo de recepción dos devanditos traballos ata o 29 de xuño de 2018. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000