Materia orientada a familiarizar ao alumnado coa metodoloxía e as liñas de investigación actuais na interpretación discursiva da produción oral e/ou escrita en lingua inglesa en diferentes contextos comunicativos, así como a facilitar a adquisición das destrezas necesarias para valorar dun xeito crítico algunhas das súas achegas. Así mesmo, dotarase ao alumnado das ferramentas metodolóxicas necesarias para poder analizar e interpretar con suficiente rigor extractos de discurso oral e/ou escrito seguindo os modelos (pragmáticos, interaccionais, etc.) expostos ao longo da materia.