Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas
 Materias
  Lingüística do Discurso e a Comunicación: Liñas e Métodos de Investigación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudos/actividades previos Lecturas necesarias para as actividades. Avalíanse conxuntamente cos exercicios.
0
Debates Actividades en liña: foro, debates,exercicios.
15
Presentacións/exposicións Os traballos de curso defenderanse e discutiranse por medio de presentacións na aula. A cualificación do traballo e da presentación é conxunta.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios
Actividades de tipo cuestionario, discusión de casos, análise oracional e interpretación conversacional.
20
Sesión maxistral Valorarase a participación en clase. 15
Traballos e proxectos A lista dos temas dos traballos do curso será publicada na plataforma Tema ao comezo do curso. Tamén publicaranse as características formais que hai que seguir na súa confección e os prazos de supervisión e entrega. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación, os debates en liña e os problemas e exercicios de clase serán avaliados durante o curso pola/o responsable de cada unidade temática.  A suma dos distintos resultados parciais determinará a cualificación final de cada un destes apartados.

Cada traballo de curso será entregado ao profesor/a encargado/a da súa supervisión na data que se estableza durante as clases presenciais. Estes traballos serán defendidos e discutidos no seminario por medio dunha presentación oral na derradeira semana das clases. No caso de que xurdan problemas de tipo metodolóxico, expositivo ou formal que impidan aceptar o traballo na primeira presentación, darase ao alumnado unha marxe de tempo para a corrección dos defectos apuntados e haberá unha segunda defensa antes da primeira edición final  das actas en xuño.

No caso de que algunha das partes suxeitas a avaliación quede incompleta ou suspensa na primeira edición das actas en xuño, o alumnado terá que recuperala ou completala antes da segunda edición das actas en xullo. Gardarase a cualificación das partes xa superadas. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000