Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Irmandades, Nós e vangardas na literatura galega
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao estudantado ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B5 Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
B7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
C3 Coñecemento da evolución das formas, medios e xéneros da creación literaria nas literaturas do grao.
C6 Saber crear, editar e expoñer textos orais ou escritos de distintos tipos e variedades que satisfagan as necesidades do público ao que están destinados e poder asesorar lingüisticamente na súa redacción a non especialistas.
C7 Capacidade para aplicar os recursos dixitais á produción, corrección, edición e análise dos discursos tanto escritos como orais.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000