Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua española: Construción do discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Trátase de tres debates realizados a partir de tres lecturas seleccionadas pola docente. O alumnado debe realizar un resumo, unha pequena valoración crítica e formular cinco preguntas para cada debate (e subir ese documento a Moovi nos prazos indicados ao longo do curso). 30 A3
B8
C14
D1
Traballo O alumnado debe realizar un traballo académico sobre un tema relacionado cos contidos da materia. As características de extensión, estrutura e prazo de entrega serán determinadas na aula e recollidas no apartado correspondente de Moovi. 30 A2
A4
B4
C6
C7
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba na que se desenvolvan algúns dos contidos da materia dende unha perspectiva teórica e práctica. 40 A2
A3
B3
C6
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS (MAIO-XUÑO 2024)

Avaliación continua
É
obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido as probas
marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra
de prazo non se avaliarán. A data de celebración do exame coincidirá co
día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e
publicado na web da FFT. A cualificación na primeira edición de actas
dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá
ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso
(debate, traballo e exame). Para superar a materia será
necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.

Avaliación única

Neste
caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación
final.
Este exame terá lugar ao final do
cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta
de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá
na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para
os discentes que opten pola avaliación continua.

A escolla desta
opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia.
Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que
consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi e que
acorde titorías regulares coa docente.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na
segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame
terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os
alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de
avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben
ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas das probas de
avaliación continua.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto
no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos
ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na
expresión, as incoherencias sintácticas, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000