Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua española: Construción do discurso
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Debate Os debates realízanse a partir de lecturas científicas seleccionadas pola persoa docente, que queda a disposición do alumnado para solucionar dúbidas tanto a través do correo electrónico como das titorías.
Resolución de problemas Os problemas, discusións teóricas e realización de diversas actividades que se propoñan na aula contarán coa orientación do profesorado.
Probas Descrición
Traballo Co fin de avaliar a destreza na construción dun discurso académico, a persoa docente proporá a realización dun traballo sobre un tema relacionado coa materia. Para levalo a cabo o alumnado contará co asesoramento e guía do profesorado da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000