Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua española: Construción do discurso
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Ao inicio do curso realizarase un pequeno cuestionario de intereses e expectativas para coñecer o perfil do alumnado. Ademais, na primeira sesión presentarase a guía docente.
Debate No cuadrimestre realizaranse tres debates a partir de tres lecturas seleccionadas pola docente. O alumnado debe realizar un resumo, unha pequena valoración crítica e formular cinco preguntas para o debate.
Lección maxistral Trátase de exposicións por parte da docente onde se abordan os contidos da materia. Combínase a exposición teórica coa realización de prácticas.
Resolución de problemas Na aula proporanse actividades prácticas e discusións teóricas en relación con diversos puntos da materia nas que debe participar todo o alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000