Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (B) Inglés IV
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recoméndase a compra do libro de texto principal para o seguimento do curso. Recoméndase o estudo diario da materia, a lectura das explicacións dadas na clase, os exercicios prácticos e a autocorrección. Para poder seguir as clases recoméndase ter un nivel de inglés B1.2. Os estudantes Erasmus deben ter o nivel B1.2 (MCER) para poder cursar esta materia. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade dos contidos, senón tamén a súa corrección lingüística. A copia total ou parcial ou o plaxio en calquera tipo de traballo ou exame dará lugar a un cero na dita proba. Alegar o descoñecemento do que constitúe plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade ao respecto. Non se permite o uso de dicionarios, ordenadores, conexión a internet ou calquera outro medio electrónico durante os exames. Recoméndase encarecidamente a asistencia regular ás clases. As probas parciais convocaranse e realizaranse en horario de clase; o equipo docente non ten a obriga de anunciar as probas nin por MooVi nin por correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000