Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (B) Inglés IV
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba de comprensión lectora, acompañada por exercicios de gramática e vocabulario asociados. 30 A1
A5
B1
B4
B6
B7
C1
C11
C13
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de expresión escrita: redacción dun dos tipos de textos expostos nos contidos do curso 30 A2
A4
B2
B6
B8
B9
B10
C6
C9
C11
C13
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de expresión escrita: redacción dun dos tipos de textos expostos nos contidos do curso 40 A2
A4
B2
B6
B8
B9
B10
C6
C9
C11
C13
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para
superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a
imposibilidade de participar no outro. E dicir, unha vez que o alumnado se
presenta a unha proba de avaliación continua xa non pode optar á avaliación
única. 

Avaliación continua: 

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado
será avaliado principalmente en dous exames mediante os que se
avaliará a expresión escrita (30% o primeiro e 40% o segundo = 70% en total),
un exame de comprensión lectora e uso da gramática e
vocabulario (30%). Os tres exames parciais terán lugar a metade de
cuadrimestre (primeiro exame parcial de escrita: 30%) e ao final do
cuadrimestre (segundo exame parcial de escrita: 40% e exame de lectura,
gramática e vocabulario: 30%) É responsabilidade do alumnado asistir ás clases,
pois os exames serán anunciados na aula e celebraranse tamén na aula. O
profesorado non terá a obriga de anunciar as datas dos exames parciais nin na
plataforma MooVi nin por correo electrónico.

Para facer media, a nota de cada compoñente (Writing vs. Reading/Grammar/Vocabulary) debe
de ser igual ou superior a unha cualificación de 5 (sobre 10). Para
superar a materia, é imprescindible acadar unha puntuación media global
de 5 puntos (sobre 10). As probas non realizadas contarán coma
un cero. 

No caso de obter un suspenso na nota global na primeira
edición de actas, se o alumnado aproba soamente unha das compoñentes (Writing vs. Reading/Grammar/Vocabulary),
gardaráselle a nota desa compoñente, polo que só terá que recuperar a parte
suspensa na segunda edición de actas (xuño/xullo).

Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente
xustificadas
, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co equipo
docente con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais e
as probas prácticas considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio
de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación cirúrxica
ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

O alumnado Erasmus+ entrante ou saínte terá que realizar as
probas nas mesmas datas ca o resto do alumnado.

Avaliación única

Para o alumnado que escolla dende o comezo do curso o
sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da
cualificación final. A proba terá dous compoñentes (70% Writing e
30% Reading/Grammar/Vocabulary). Para superar a materia, o alumnado
debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) para cada
compoñente
.

A data deste exame será a establecida pola Xunta da FFT para
o período de exames correspondente.

O alumnado Erasmus+ entrante e saínte terá que realizar o
exame de avaliación única na data oficial, sen que sexa posible fixar unha data
alternativa para o mesmo.

2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non se presente ou suspenda ao final do
cuadrimestre (primeira edición de actas) poderá presentarse aos exames de
xuño/xullo nas datas que marque o calendario oficial do centro. 

Para as/os estudantes que non se presentaran antes, a
proba terá dous compoñentes (70% Writing e 30% Reading/Grammar/Vocabulary).
Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5
puntos (sobre 10) para cada compoñente
.

Aqueles/as alumnos/as que se presentaran na primeira edición
de actas pero foran cualificados/as con Suspenso poderán facer
unicamente o compoñente no que non acadaran un 5, conservándoselle a nota do
compoñente aprobado (nesta convocatoria soamente).

O alumnado Erasmus+ entrante e saínte terá que realizar o
exame da segunda oportunidade na data oficial, sen que sexa posible fixar unha
data alternativa para o mesmo.

OUTROS COMENTARIOS

Non se contempla o exame único do mes de decembro/xaneiro
como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s)
suspensa(s) na avaliación continua.

De non superalas na segunda edición de actas, o/a alumno/a
deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores.
Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos
posteriores.

Durante a realización dos exames e probas prácticas non se
permite a utilización de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparello
electrónico, con ou sen conexión a internet.

A copia ou plaxio parcial ou total en calquera tipo de
actividade suporá un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Os mesmos criterios, aquí descritos, tamén se aplicarán ao
alumnado alleo.

Para poder seguir a docencia, recoméndase que o alumnado
posúa un nivel B1.2 (Marco Europeo de Referencia) de inglés.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000