Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (B) Alemán IV
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación semanal da aprendizaxe gramatical, léxica e cultural: exercicios na aula, Arbeitsbuch e fichas informativas/informes de traballo persoal/autónomo. 30
Traballo tutelado Avaliación semanal da práctica comunicativa e da comprensión e expresión oral e escrita: Kursbuch. 20 A2
A4
A5
B5
B7
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita exclusivamente de vocabulario que se realizará nas últimas semanas do curso durante unha sesión práctica. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de contido léxico, gramatical e cultural; proba oral de apoio en casos puntuales que o requiran, segundo o criterio do profesorado, como casos dubidosos con baixa nota no escrito. A nota sería a media de ambas probas (escrita e oral). 40 A4
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O desenvolvemento desta materia apóiase no método MENSCHEN e o emprego do
seu manual ou LEHRBUCH, do libro de exercicios ou ARBEITSBUCH e do GLOSSAR ou
guía ten carácter obligatorio:
véxanse as referencias destes libros na sección de bibliografía desta guía. É
responsabilidade do alumnado obter unha copia impresa ou digital de devanditas
referencias para o bo seguimiento do curso.

 

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO-MAIO)

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a
cabo cun procedemento de avaliación
continua
de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.

Terase en conta a participación habitual
e activa na aula (con carácter indicativo, en función de asistencia non
inferior ao 80% das horas totais), ademais da entrega dos traballos. A proba
escrita realizarase na data fixada para esta materia no calendario de exames
aprobado pola Xunta de FFT (convén consultar puntualmente a páxina web do
centro e ter en conta os posibles cambios). Para optar a el, é requisito obter
polo menos un 5 nas actividades e traballos realizados na aula e que figuran
nesta guía baixo as denominacións de "clase maxistral",
"traballo tutelado" e “preguntas obxetivas”.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua debe
comunicarlle á profesora responsable da materia (María José Corvo Sánchez) que
se acolle á avaliación única ao
comezo do curso, durante as primeiras dúas semanas de clase.

Este alumnado deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia
(que inclúe as leccións do método Menschen), que se realizará na data oficial
fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT (convén consultar puntualmente
a páxina web do centro e ter en conta os posibles cambios), e máis outro oral
sobre os temas do Kursbuch do método Menschen noutra data concertada co
profesorado. O primeiro cun valor do 50% e o segundo cun valor do 50% da nota.
Así mesmo, para poder presentarse á proba oral é requisito obter previamente
polo menos un 5 na proba escrita.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
(XUÑO-XULLO)

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, a segunda edición de actas constará dun exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que
se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT
(convén consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os
posibles cambios).

Quen durante o curso obtivo un resultado positivo pola súa participación
activa nas clases, pode recibir unha mellora da súa nota agora de ata 2 puntos
sobre 10, se así o considera a profesora responsable.

Para o
alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación
única
este exame ten un valor do 50% da nota. Este alumnado terá que facer
tamén unha proba oral polo 50% da cualificación sobre os temas do Kursbuch do
método Menschen para superar a materia. Esta realizarase nunha data concertada
co profesorado e para poder facela é requisito obter previamente polo menos un
5 na proba escrita.

ADEMÁIS, en calquera das convocatorias de exames e independentemente da
modalidade, continua ou única, debe terse en conta tambén o seguinte.

En todas as achegas evaluables, as notas non deberán ser inferior a 5 para
superar a materia. Os resultados positivos obtidos na primeira convocatoria de
exames (avaliación continua e única), malia a non superación da materia, gardanse para a nota da
segunda convocatoria, de modo que o alumnado non teña que repetir unha aportación evaluable xa
superada.

O profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a
aquel alumnado que, segundo o seu criterio razoado, non demostrase suficiente
competencia na materia, porque o profesorado por calquera causa precise
confirmar mellor o seu nivel na materia ou ben en caso de sospeita da
autenticidad da autoría de calquera achega evaluable (traballo de aula,
traballos escritos, exames), xa sexa por copia ou por plagio. O contido estaría
orientado a unha ou máis das achegas evaluables e a nota repercutiría,
respectivamente, na porcentaxe establecida para cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000