Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (A) Alemán III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación semanal da aprendizaxe gramatical, léxica e cultural: exercicios na aula, Arbeitsbuch e fichas informativas/informes de traballo persoal/autónomo. 30
Traballo tutelado Avaliación semanal da práctica comunicativa e da comprensión e expresión oral e escrita: Kursbuch. 20 A2
A4
B5
B7
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita exclusivamente de vocabulario que se realizará nas últimas semanas do curso durante unha sesión práctica. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de contido léxico, gramatical e cultural; proba oral de apoio en casos puntuales que o requiran, segundo o criterio do profesorado, como casos dubidosos con baixa nota no escrito. A nota sería a media de ambas probas (escrita e oral). 40 A4
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Odesenvolvemento desta materia apóiase no método MENSCHEN e o emprego do seu manual ou LEHRBUCH, do libro de exercicios ou ARBEITSBUCH e do GLOSSAR ou guía ten carácter obligatorio: véxanse as referencias destes libros na sección de bibliografía desta guía. É responsabilidade do alumnado obter unha copia impresa ou digital de devanditas referencias para obo seguimiento do curso.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO-MAIO)

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.

Terase en conta a participación habitual e activa na aula (con carácter indicativo, en función de asistencia non inferior ao 80% das horas totais), ademais da entrega dos traballos. A proba escrita realizarase na data fixada para esta materia no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT (convén consultar puntualmente a páxina web docentro e ter en conta os posibles cambios). Para optar a el, é requisito obter polo menos un 5 nas actividades e traballos realizados na aula e que figuran nesta guía baixo as denominacións de "clase maxistral", "traballotutelado" e “preguntas obxetivas”.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua debe comunicarlle áprofesora responsable da materia (María José Corvo Sánchez) que se acolle á avaliación única ao comezo do curso,durante as primeiras dúas semanas de clase.

Este alumnado deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia (e as leccións do método Menschen), que serealizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT (convén consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os
posibles cambios), e máis outro oral sobre os temas do Kursbuch do método
Menschen noutra data concertada co profesorado. O primeiro cun valor do 50% e o
segundo cun valor do 50% da nota. Así mesmo, para poder presentarse á proba
oral é requisito obter previamente polo menos un 5 na proba escrita.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, a segunda edición de actas constará dun exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que
se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT
(convén consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os
posibles cambios).

Quen durante o curso obtivo un resultado positivo pola súa participación activa nas clases, pode recibir unha mellora da súa nota agora de ata 2 puntos sobre 10, si así o considera a profesora responsable.

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten unvalor do 50% da nota. Este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 50% da cualificación sobre os temas do Kursbuch do método Menschen para superar a materia. Esta realizarase nunha data concertada co profesorado e para poder facela é requisito obter polo menos un 5 na proba escrita.

ADEMÁIS, en calquera das convocatorias de exames e independentemente da modalidade, continua ou única,debe terse en conta tambén o seguinte.

En todas as achegas evaluables, as notas non deberán ser inferior a 5 para superar a materia. Os resultados positivos obtidos na primeira convocatoria de exames (avaliación continua e única), malia a non superación da materia, gardanse para a nota da segunda convocatoria, de modo que o alumnado non teña que repetir unha aportación evaluable xa superada.

O profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado que, segundo o seu criterio razoado, non demostrase suficiente competencia na materia, porque o profesorado por calquera causa precise confirmar mellor o seu nivel na materia ou ben en caso de sospeita da autenticidad da autoría de calquera achega evaluable (traballo de aula, traballos escritos, exames), xa sexa por copia ou por plagio. O contido estaría orientado a unha ou máis das achegas evaluables e a nota repercutiría, respectivamente, na porcentaxe establecida para cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000