Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Literatura: A literatura galega nos seus textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Análise crítica dun texto literario ou breve traballo monográfico sobre un tema proposto. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B7
B8
C2
C4
C5
C14
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Lectura, comentario e debate de textos literarios. Comentarios guiados. Exposicións. Eventuais probas breves ao finalizar un tema (non exclúen materia para o exame final). 30 A3
A4
A5
B1
B8
C2
C5
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame clásico onde o alumnado debe expoñer razoadamente as respostas a varias preguntas sobre a materia do curso e as obras literarias estudadas 40 A1
A5
B7
B8
C2
C4
C5
C14
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistemade avaliación continua (cf. descrición en "avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación continua, xa que se trata do ensino de literatura a partir dos textos e é conveniente asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe comunicarllo ao profesor.

Para os alumnos que opten pola avaliación continua, non realizar as probas ou exercicios parciais previstos supón un suspenso cunha nota de 0 (cero) nesa parte.

Primeira edición das actas. A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT.

A avaliación única consiste nun exame escrito, realizado en data indicada no calendario oficial da FFT e a entrega dun traballo equivalente ao "traballo tutelado" da avaliación continua, que lle será proposto ao alumno con anterioridade suficiente á data de celebración do exame escrito, que é cando debe ser entregado.

Os textos con que se traballe na aula e os temas para os traballos, tanto para a avaliación continua coma para a avaliación única, estarán expostos na plataforma MOOVI.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000