Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (B) Inglés II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación En sesións prácticas do curso previamente anunciadas pola/s docente/s, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking". 30 A2
A4
A5
B2
B4
B6
B9
B10
C13
D1
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas de escoita, con resposta escrita a preguntas sobre un documento oral que teñen que escoitar, realizadas ao longo do curso. A primeira a mediados do cuadrimestre e a segunda na derradeira semana de aulas. 20 A2
B1
B2
B4
Exame de preguntas obxectivas Unha proba escrita de Use of English baseada nos contidos gramaticais e léxicos das catro primeiras unidades de Grammar e Vocabulary. Esta proba realizarase na semana 7 ou 8, nunha data que será anunciada na aula. 20 A1
B1
B4
C13
Exame de preguntas obxectivas Unha proba escrita de Use of English baseada na totalidade dos contidos gramaticais e léxicos do curso. Esta proba terá lugar na derradeira semana de aulas. 30 A1
B4
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A1) Avaliación continua

A avaliación da materia será continua por defecto. Unicamente en casos xustificados, o alumnado poderá acollerse á avaliación única, sempre que llo comunique ao profesorado da materia dentro das dúas primeiras semanas de aulas.

A realización dunha ou varias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas.

A primeira proba escrita terá lugar ao final das catro primeiras unidades de gramática e vocabulario. Nun día cercano celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar na derradeira semana de aulas. As datas para a presentación obxecto de avaliación de cada estudante determinaranse coa debida antelación e serán anunciadas na aula.

A2) Avaliación única

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas obrigatorias que terán lugar ao final do cuadrimestre. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das tres partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as tres partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas.

Probas da avaliación única:

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante.

Os exames escritos terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Para a realización da proba de expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con anterioridade ao final das clases.

Requisitos para aprobar a materia para todo o alumnado (tanto de avaliación continua coma de avaliación única):

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos 5 en cada unha das partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das tres partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

Na segunda edición de actas a/o estudante deberá repetir as probas das partes que non aprobe e poderá conservar as notas das outras partes.

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda edición de actas.

A avaliación consistirá en dúas probas, das que o alumnado deberá realizar unicamente as que non superara na primeira edición de actas:

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante.

A data do exame escrito será a data oficial de xuño/xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da proba de expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con antelación.

Como na primeira edición de actas, para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos un 5 en cada unha das tres partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das catro partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

En calquera das probas, a copia ou plaxio total ou parcial suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non exime o alumnado da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000