Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Historia: Historia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o estudantado debe resolver na clase relacionados coa parte do temario impartido nas clases teóricas. 30 A1
A5
B2
B5
B6
B8
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. 30 A2
A4
A5
B9
B10
C12
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O estudantado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
10 A1
C12
Exame de preguntas de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. 30 A2
A4
A5
B9
B10
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas (decembro-xaneiro):

O estudantado debe escoller a
principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación
global. Recoméndase, en todo caso, o primeiro. Para non perder a avaliación
continua será necesario realizar, como mínimo, tres dos exercicios indicados
pola profesora nas aulas prácticas.

O estudantado que siga o sistema de avaliación continua deberá notificalo
nas catro primeiras semanas de clase. Realizará dous exames obrigatorios. O
primeiro na segunda semana de novembro, no que a cualificación supoñerá o 30%
da nota final. O segundo, ao final de cuadrimestre, na data establecida no
calendario oficial de exames da FFT (dispoñible en:
http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/), no que a cualificación supoñerá o
30% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar
varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 30%
da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns
temas que se realizarán nas aulas prácticas. O estudantado deberá realizar
tamén dous cuestionarios nas aulas prácticas, un á metade do cuadrimestre e
outro na última sesión, cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación
final (10% da nota final). No cuestionario cada dous erros, incluíndo as non
contestadas, restarase un acerto.

O estudantado que non siga o sistema
de avaliación continua terá avaliación
global
mediante un exame obrigatorio, na data oficial establecida no
calendario de exames da FFT (dispoñible en:
http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/). O exame constará dunha parte
teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da
cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica,
que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da
materia que foron traballados durante o curso.

Na segunda edición de actas (xuño):

(A) O estudantado de avaliación
continua
que obtivo nos traballos prácticos unha cualificación de polo
menos 5 sobre 10, non terá que volver presentalos. Deberá superar só un exame
sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data
establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación
supoñerá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e
contestar varias preguntas teóricas relacionadas co temario.

(B) O estudantado que non
consiga a nota mínima requirida
durante o curso nos traballos prácticos e o
de avaliación global deberá realizar
un exercicio escrito, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial
de exames da FFT. O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A
parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do
programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación,
versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o
curso.