Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita en español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exame: exercicios, actividades ou problemas.

20 A4
Presentación Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente 30 A4
Traballo tutelado Presentación de un ou varios (non máis de tres) traballos escritos sobre temas relacionados coa materia. 30 A1
A4
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa 10 A1
B4
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: preguntas breves sobre aspectos concretos do programa 10 A1
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE
ACTAS



Avaliación continua



Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de
avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do
alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades
ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa
docente e da plataforma MOOVI. A avaliación estrutúrase en tres partes:



1. Traballo(s) escrito(s) (30%)
2. Presentación oral (30%)
3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista
no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación
definidas como "exame: preguntas abertas", "exame: preguntas
breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas".
A información sobre as datas de entrega dos traballos e a
presentación oral, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en
MOOVI.

Avaliación única



O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as
tres partes da avaliación (traballo/s escrito/s, presentación oral e exame) na
data oficial de exame sinalada pola Facultade. O alumnado que opte por este
sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) ás docentes antes do
1 de outubro. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación
continua.

SEGUNDA EDICIÓN DE
ACTAS



Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán
presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Ademais de facer
o exame (que nesta ocasión valerá o 70% da nota) terán que realizar unha
presentación oral (nas datas e condicións que se acordarán co profesorado).
Nesta segunda oportunidade será necesario presentarse unicamente á parte ou
partes nas que non se alcanzou o aprobado previamente (parte oral e/ou parte
escrita).

IMPORTANTE



Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha
cualificación de polo menos 5 puntos (sobre 10) en cada unha das partes. De non
cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o
5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia. Nas probas de
avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón
tamén a corrección lingüística e o rigor académico. Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación,
incoherencias sintácticas, uso inapropiado do léxico, etc.). No caso de que se
detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta cualificarase cun cero.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter
presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española
igual ou superior a C1.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000