Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (B) Portugués I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballos varios para adquirir destrezas sobre algúns aspectos concretos do temario 10 A1
A2
A3
B1
Práctica de laboratorio Realización de exercicios ou tarefas sobre temas específicos tratados na aula ou indicados polo profesor.
20 A1
A2
B1
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso.
40 A1
A2
A3
Exame oral Proba oral individual 30 B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os
estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua
(cf. supra a descrición en "Avaliación")
ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado
que se trata do ensino dunha lingua estranxeira é moi recomendábel asistir con
regularidade ás aulas. Quen non teña esa posibilidade debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de
probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en "Avaliación") suporá
a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A
data do último exame de avaliación continua, tanto a proba escrita como a oral, coincidirá coa data do exame de avaliación
única recollida no calendario oficial da FFT.

A proba oral realizarase despois da proba escrita nunha sala contigua e será gravada en formato audio.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia.

A
avaliación única consiste nunha
proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas
de aula contiguas, na data establecida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas
na convocatoria de xullo.

A
avaliación única valorarase da seguinte forma:

1.
Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final.

2.
Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a
participación nela suporá o consentimento da gravación.

A
non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención dunha
cualificación de 0 (cero) puntos na mesma.

 

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición
das actas (xullo). O exame escrito e oral terá lugar na data recollida no
calendario oficial da FFT para o período de exames de xullo.

No caso particular do alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira convocatoria e tiver que acudir á segunda edición das actas, este terá que examinarse exclusivamente da parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou escrito). O alumnado de avaliación única terá que examinarse de toda a materia.

Observacións

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto

En
todo caso, é responsabilidade do alumnado a asistencia regular ás aulas e ás titorías, así como a consulta
dos materiais e informacións específicas na plataforma Moovi (incluídas as datas de realización das probas, prazos de entrega etc.), mesmo que non se
siga o sistema de avaliación continua.

 Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000