Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (A) Francés I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas con apoio das TIC Os exercicios realizados fora da aula a través da plataforma Moovi e corrixidos en clase permitirán avaliar a intensidade do traballo investido polo alumnado, a partir dos ítems enviados á plataforma. 10 CB2
CB4
CG10
Traballo tutelado Elaboración individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado.
Lectura anotada.
10 CB2
CB4
CG1
CG8
CE10
Presentación Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. 10 CB4
CG1
CE10
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. 10 CB2
CB4
CG4
Resolución de problemas e/ou exercicios 1.Proba final práctica sobre os contidos gramaticais e léxicos explicados en clase (EG) : 20%.
2. Proba final de comprensión e expresión escrita (ECEE) : 20%.
3. Proba final de lectura, expresión e comprensión oral (ECEO): 20%.
60 CB2
CB4
CB5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha das tres probas finais, que terán lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de FFT. 

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada: 25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%,  Este exame final terá lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de  FFT.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na segunda edición das actas (xullo), todo o alumnado proveniente da primeira convocatoria (decembro-xaneiro), tanto na modalidade de avaliación continua como na de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte da materia que non supere. O alumnado que non se presentou na primeira convocatoria será evaluadoen esta segunda polo procedemento de avaliación única.
O exame nesta convocatoria terá lugar durante o período de exames de xullo, na data aprobada en Xunta de FFT.

Notas xerais
O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. 

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000