Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Narración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc. 7 CB1
CB2
CB5
CG4
CG6
CG8
CE3
CE6
CE9
CT2
CT8
CT10
CT11
CT12
Lección maxistral A docencia centrarase na análise detallada e exhaustiva de trece núcleos conceptuais, dos que se irán derivando calas noutros asuntos adxacentes. En cada unha destas sesións ofrecerase un conxunto de exercicios a realizar polo alumnado, tan presencial como semi-presencial. Estes exercicios que serán comentados polo docente na segunda sesión semanal da materia serán un dos elementos centrais da avaliación. O alumnado semi-presencial deberá realizar igulamente estes exercicios que lle serán subministrados e comentados e corrixidos polo docente por calquera vía de comunicación telemática, nomeadamente o correo electrónico. 33 CB1
CB2
CB5
CG4
CG6
CG8
CE3
CE6
CE9
CT2
CT8
CT10
CT11
CT12
Traballo tutelado Realizaranse comentarios de texto de numerosos fragmentos textuais ou culturais vinculados co programa. Cada estudante realizará eventualmente unha ou varias exposicións na aula sobre temas acordados co profesor. O alumnado semi-presencial deberá realizar igulamente estes exercicios que lle serán subministrados e comentados e corrixidos polo docente por calquera vía de comunicación telemática, nomeadamente o correo electrónico. 20 CB1
CB2
CB5
CG4
CG6
CG8
CE3
CE6
CE9
CT2
CT8
CT10
CT11
CT12
Traballo Como colofón das actividades da materia o alumnado, tanto presencial como semipresencial, deberá presentar un texto escrito de autoría individual e comentado, segundo o método que será acordado ao longo do curso.
Unha avaliación positiva neste apartado será conditio sine qua non para aprobar a materia.
40 CB1
CB2
CB5
CG4
CG6
CG8
CE3
CE6
CE9
CT2
CT8
CT10
CT11
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na avaliación de xullo, o alumnado, tanto presencial como semipresencial, deberá comparecer con todos os exercizos do curso realizados así como co o traballo final. Non haberá unha proba escrita da materia e poderá empregar a data oficial do exame, que aparecerá nos anuncios oficiais da Facultade, como hora e lugar para a entrega definitiva dos exercizos e traballo mencionados

No caso de que a docencia presencial non estiver permitida, por razóns sanitarias ou doutro índole,haberá sesións telemáticas para comentario dos exercicios realizados e enviados polo alumnado e para a introdución de novos exercicios. Igualmente para a corrección do traballo final concertarase unha sesión individual de titoría. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000