En caso de crise sanitaria, de acordo co establecido no Consello de Goberno da Universidade de Vigo do 12/06/2020 e na Instrución 3/2020 do Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado de data 17/06/2020, establecerase unha docencia alternativa de dous tipos: mixta e non presencial.
Na modalidade mixta, na que unha parte do estudiantado permanecerá presencialmente en clase e a outra a seguirá dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono, en función da ferramenta que mellor se adapte a cada unha delas (correo electrónico, MOOVI, Campus Remoto da Universidade de Vigo), as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.
Na modalidade non presencial, as clases e tutorías realizaranse de maneira presencial en liña (a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo) e a entrega e avaliación das probas establecidas efectuarase a través das ferramentas proporcionadas pola propia universidade, singularmente MOOVI, correo electrónico e Campus Remoto. |