Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975-I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras. O método docente, ademais, será o do diálogo e o alumnado poderá formular cantas dúbidas lle suxira o discurso da materia.
Resolución de problemas Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras. Ademais, os traballos serán expostos e discutidos na aula e estarán á disposición do alumnado para a súa consulta posterior e para formar parte do material de estudo.
Traballo tutelado O alumnado realizará unha serie de intervencións na aula relativas ao desenvolvemento do programa, quer exposicións de lecturas, quer comentarios de textos particulares. Os textos obxecto destas intervencións serán indicados na aula en función dos intereses do grupo e da propia dinámina da docencia. Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000