Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Análise das obras centrais do período Nós
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Actividades introdutorias Presentación da materia e dos traballos e encomendas que debe realizar o alumnado. Tanto o alumnado presencial como semipresencial, en sesións diferenciadas, está obrigado a asistir. 5 CB1
CB2
CB5
Lección maxistral Leccións ao longo do primeiro cuadrimestre. O alumnado semipresencial contará con información da materia impartida en cada unha das sesións e con documentos escritos ou audio-visiuais que lle permitan un seguimento adecuado da materia.
No caso de que presencialidade total non sexa posible, levarase a cabo unha secuencia repetida de Lectura-Debate-Recensión para cada unha das obras presentes no programa. Quere dicirse que o alumnado deberá ler cada unha das obras e asistir, posteriormente, a un debate por medios telemáticos sobre esa obra para, finalmente, escribir unha recensión de 2000 palabras sobre esa obra. A recensión deberá ser totalmente persoal e orixinal e no caso de que se detecte plaxio total ou parcial a nota resultante non será outra que 0 (cero).
Igualmente terase moi en conta a corrección formal e lingüística.
30 CB1
CB2
CB5
Traballo tutelado Traballos de lectura e análise das obras obxecto do programa. O alumnado semipresencial tamén estará obrigado a participar na realización de traballos específicos de curso, comentarios de lecturas, reseñas de filmes, análises de textos, etc. 15 CB1
CB2
CB5
Eventos científicos Asistencia, e participación, a seminarios desenvolidos en paralelo ás clases e vinculados cos contidos da materia. O alumnado semipresencial contará coa información necesaria para un seguimento axeitado de cada un dos eventos programados. 20 CB1
CB2
CB5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre contidos que o alumnado ha responder de xeito disertativo. O alumnado semipresencial ha de comparecer para a realización desta proba (ou probas), que será programada de xeito oficial e anunciada con antelación pola Facultade. A proba consistirá nunha disertación escrita sobre un ou varios dos temas do programa así como no comentario (análise e interpretación) de un ou varios textos dos estudados no programa. A proba do mes de xullo será semellante á do mes de xuño. 30 CB1
CB2
CB5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado semipresencial ha de comparecer de xeito presencial, ou telematicamente de ser necesario, para a realización desta proba. A proba consistirá nunha disertación manuscrita sobre un ou varios dos temas do programa así como no comentario (análise e interpretación) de un ou varios textos dos estudados no programa.

No caso de que a docencia presencial non estiver permitida, por razóns sanitarias ou doutro índole, o total das recensións presentadas substituírá as porcentaxes de lección maxistral (30%)  e de traballo tutelado (15%) e mesmo, se for o caso, de eventos  científicos (20%), pasando, pois, a constituír o 65% do valor final da meteria. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000