Lección maxistral |
Leccións ao longo do primeiro cuadrimestre. O alumnado semipresencial contará con información da materia impartida en cada unha das sesións e con documentos escritos ou audio-visiuais que lle permitan un seguimento adecuado da materia.
No caso de que presencialidade total non sexa posible, levarase a cabo unha secuencia repetida de Lectura-Debate-Recensión para cada unha das obras presentes no programa. Quere dicirse que o alumnado deberá ler cada unha das obras e asistir, posteriormente, a un debate por medios telemáticos sobre esa obra para, finalmente, escribir unha recensión de 2000 palabras sobre esa obra. A recensión deberá ser totalmente persoal e orixinal e no caso de que se detecte plaxio total ou parcial a nota resultante non será outra que 0 (cero).
Igualmente terase moi en conta a corrección formal e lingüística.
|
30 |
CB1 CB2 CB5
|
|
|
|
Eventos científicos |
Asistencia, e participación, a seminarios desenvolidos en paralelo ás clases e vinculados cos contidos da materia. O alumnado semipresencial contará coa información necesaria para un seguimento axeitado de cada un dos eventos programados. |
20 |
CB1 CB2 CB5
|
|
|
|
O alumnado semipresencial ha de comparecer de xeito presencial, ou telematicamente de ser necesario, para a realización desta proba. A proba consistirá nunha disertación manuscrita sobre un ou varios dos temas do programa así como no comentario (análise e interpretación) de un ou varios textos dos estudados no programa. No caso de que a docencia presencial non estiver permitida, por razóns sanitarias ou doutro índole, o total das recensións presentadas substituírá as porcentaxes de lección maxistral (30%) e de traballo tutelado (15%) e mesmo, se for o caso, de eventos científicos (20%), pasando, pois, a constituír o 65% do valor final da meteria. |