Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Análise das obras centrais do período Nós
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc. Sería convinte que, a pouco que lles resulte posible, tamén os ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS acudan a esta sesión introdutoria.
Lección maxistral A docencia centrarase na análise exhaustiva arredor de catro núcleos textuais e autoriais, dos que se irán derivando calas noutras obras e autores adxacentes.Dedicaremos un mes a cada un destes núcleos. Os ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS poderán recibir orientacións sobre estes contidos nas titorías individuais (sexan presenciais ou remotas), se lles indicará a bibliografía que pode substituílas ou complementalas, e disporán en Faitic de material específico.
Traballo tutelado Realizaranse comentarios de texto de numerosos fragmentos textuais ou culturais vinculados coas obras obxecto deste programa. Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un tema acordado co profesor.
Eventos científicos Eventualmente o alumnado poderá acudir a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de filmes, seminarios literarios, representacións teatrais, etc. e deberá realizar un breve resumo por escrito desta actividade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000