Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
CG2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
CG7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
CG9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
CE3 Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa.
CE6 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria.
CE7 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria.
CE9 Coñecemento de retórica e estilística.
CE10 Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada.
CT2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
CT3 Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais)
CT6 Capacidade de xestionar a información.
CT8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
CT9 Capacidade crítica e de autocrítica.
CT10 Capacidade de análise e síntese.
CT11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
CT12 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000