O alumnado debe responsabilizarse de consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI, onde ao docente irá pondo á súa disposición os temas e exercicios que se vaian traballando en clase.
O alumnado semipresencial debe tomar contacto coa docente ao comezo do curso, (pode ser por correo electrónico); recoméndase que asista ás sesións de titorías colectivas que a coordinación do grao planificará periodicamente. En todo
caso, o alumnado debe manterse en contacto coa docente a través dos medios dispoñibles (fundamentalmente, correo electrónico e asistencia a titorías individuais). |