A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que é o plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nesta cuestión.
Facilitarase nova bibliografía nas clases e mais a través de Faitic.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
Recoméndase o manexo frecuente de fondos e recursos da biblioteca.
As porcentaxes de asistencia a clase e as datas de entrega de traballos ou exames poden flexibilizarse por mor de problemas xustificados de conciliación.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades da materia a través da plataforma Faitic así como a de coñecer as datas nas que terán lugar as correspondentes probas de avaliación.
Os estudantes de intercambio deben posuír un nivel B2 de galego para o adecuado seguimento da materia.
Os mencionados comentarios e recomendacións hanse de aplicar ao alumnado semipresencial, que unicamente ten esixida a presencialidade para exames escritos ou orais. |