Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultáneamente
Morfoloxía da lingua galega/V01G400V01901

 
Outros comentarios
- Para poder seguir esta materia precísase ter un coñecemento elevado do galego. Continúase en Sintaxe da Lingua Galega II, en 4º curso. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. -Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. -É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións etc.) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización de probas. -O primeiro día de clase o profesor fornecerá unha bibliografía básica de traballos sobre sintaxe do galego, dos cales o alumnado poderá elixir algúns como alternativa ós indicados polo profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000