Resolución de problemas e/ou exercicios |
Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, así como resumos de lecturas que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á análise sintáctica de textos en árbore e ó comentario gramatical razoado e argumentado de construcións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, o profesor colgará na plataforma Faitic as prácticas para facer e deixará un prazo de tempo para a súa resolución. Rematado este, faralles chegar via e-mail, ou dende a propia plataforma, un solucionario para a súa autocomprobación. |
Sesión maxistral |
Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado leve previamente traballado ese material.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic ou, no seu caso, en fotocopia ou PDF; o profesor poderá facerllos chegar tamén a través de e-mail. Existe a posibilidade de gravación en vídeo destas aulas. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia ou relacionados con ela. |