Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Morfoloxía da lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma xeral da materia.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar o cronograma xeral da materia.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que o alumnado os poida preparar con certo adianto.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma MOOVI das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas.
Lección maxistral Nela o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas,
directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma MOOVI dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico).
Traballo tutelado Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito sobre o punto 4 do temario seguindo as indicacións do profesor.

Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) subirá a versión definitiva do traballo á plataforma MOOVI.

O segundo e o terceiro día de aulas dedicaranse a explicar a metodoloxía deste traballo. Por iso é moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir polo menos a unha desas sesións (se alguén non puider ir a ningunha, deberá fixar unha titoría co docente).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000