Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura comparada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Valorarase o resultado final do traballo tutelado: a súa profundidade no tratamento da temática e a capacidade para facer unha lectura crítica dos materiais de traballo. 25
Presentación Valorarase a calidade da exposición, a corrección da linguaxe, e o pertinente dos argumentos. 25
Traballo A realización dos traballos, a súa entrega na data e a avaliación positiva destes será condición indispensable para superar a materia. Terase en conta a correcta asimilación dos contidos, pero tamén a utilización adecuada dos instrumentos metodológicos, a presentación formal, así como a redacción. Os traballos terán un peso dun 50 % da cualificación final da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será impartida pola titular, Carmen Becerra Suárez.

Séguese a avaliación continua, que esixe a asistencia como mínimo ao 80% das clases, e con participación nas actividades. Se non se pode cumprir esta condición, hai que advertilo á profesora argumentándoo, e ao principio das clases. 

Ao final de cuadrimestre (1ª edición de actas) e na data marcada pola FFT realizarase unha proba á que poderán presentarse quen non puidesen seguir o curso de modo presencial ou quen
opten por presentarse só ao exame final (avaliación única). O exame consistirá en: dúas preguntas de resposta longa cuxos enunciados coincidan cos dos contidos do programa, ou ben se deixen reducir facilmente a eles; unha proba práctica de comentario de texto, no cal haberá que recoñecer algunha das estruturas ou contidos do programa.

Os estudantes semipresenciais terán que realizar o longo do cuadrimestre dous traballos tutelados (correspondentes os tres primeiros temas do programa) e un traballo final máis longo, previamente acordado coas responsables da materia

A proba de segunda convocatoria (2º edición de actas) terá a mesma estrutura que o exame final da primeira convocatoria. Para os estudiantes que seguiron a avaliación continua (tamen para os semipresenciais), terase en conta os resultados positivos alcanzados en maio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000