Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Latín e literatura grecolatina
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As leccións maxistrais e os seminarios, en caso de non poder ser presenciais realizaranse, na medida do posible, por video conferencia, e se complementarán mediante leccións gravadas e apuntamentos dispoñibles en Moovi.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

As probas consistentes en "exame de preguntas de desenvolvemento" serán substituídas por "exames de preguntas obxectivas" que se realizarán en Moovi.

Os exercicios que se deberían presentar nos seminarios ou facer como probas nas clases, serán enviados por correo electrónico ou por outro medio virtual ó profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000