Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase vivamente ao alumnado de réxime semipresencial que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, se poñan en contacto coa docente por correo electrónico o antes posible para tratar estes asuntos.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que oa alumna ou alumno ten que desenvolver. O alumnado de réxime semipresencial terá acceso aos materiais necesarios a través da plataforma de teledocencia.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. O alumnado de réxime semipresencial poderá acceder aos exercicios que se traballaron nas clases prácticas a través da plataforma de teledocencia; poderá entregalos para a súa corrección e comentario, cando cumpra, a través dos medios dispostos (plataforma, correo electrónico, etc.) nos prazos que se determinen. Téñase en conta que parte dos temas que figuran na sección de "Contidos" non se abordará nas clases teóricas, senon que se tratará íntegramente nas sesións prácticas (o tema 3, por exemplo).
Presentación Exposición por parte do alumnado ante a docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Traballo tutelado A alumna ou alumno, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000