Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando razoadamente dúbidas ou dificultades de comprensión. É dicir, valorarase a participación activa nas clases (sexan estas presenciais ou virtuais).

Avaliaranse os contidos destas sesións a través de probas de resposta longa ou de comentarios de textos.
10 CB1
CB2
CT2
Traballo tutelado Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e compromiso coa propia aprendizaxe dos contidos que se avalían e a capacidade crítica. É dicir, os traballos non poderán ser nunca meros exercicios de repetición e/ou copia de textos de referencia. A redacción é un contido implícito desta materia, e, polo tanto, será tamén avaliada.

10 CB1
CB2
CG7
CE6
CE7
CT2
Presentación Exame individual e presencial ao final da materia. Obviamente, se as condicións relacionadas coa Covid19 impuxeran outro escenario, o exame será virtual. 80 CB1
CB2
CB5
CG1
CG5
CG6
CG7
CE6
CE7
CE9
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia mínima ao 80% das clases (sexan presenciais ou virtuais), participación na aula e elaboración de traballos de índole diversa.

Ao final do curso haberá un examen presencial, que será diferente para o alumnado de avaliación continua e para o alumnado que elixa ou teña que realizar obrigatoriamente a proba única. Isto é válido tamén para o alumnado semipresencial. Se decide non asistir a clase ou non realizar ás distintas probas deseñadas para a avliación continuada, o alumnado será avaliado mediante proba única.

Se a alumna/o prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá comunicarllo e xustificarllo á profesora.

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do cuadrimestre na data oficial. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa.

A mesma estrutura terá a proba na segunda edición (xullo).

A redacción é un contido máis da materia, e como tal será avaliada e contará na nota final da asignatura. Será requisito para aprobar cada unha das actividades a correcta expresión oral e escrita, é dicir, o uso pertinente dos signos de puntuación, a corrección ortográfica, a orde e claridade na exposición e a limpeza dos exercicios. Por outro lado, naquel tipo de probas no que se faga uso de fontes bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer referidas adecuadamente; plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o exercicio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000