Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
CG5 Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
CG6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
CG7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
CE6 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria.
CE7 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria.
CE9 Coñecemento de retórica e estilística.
CT2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
CT3 Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais)
CT6 Capacidade de xestionar a información.
CT8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
CT9 Capacidade crítica e de autocrítica.
CT10 Capacidade de análise e síntese.
CT11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
CT12 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000