Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español I/V01G400V01101


 
Outros comentarios
- A explicación de contidos da materia así como a lingua vehicular nas explicacións das resolucións dos exercicios e actividades será en lingua galega. Recoméndase, xa que logo, ter uns coñecementos suficientes nesta lingua para poder seguir as explicacións e comentarios do docente. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. -Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. -É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións...) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización de probas. -Ó inicio de cada bloque de contidos da materia o profesor indicará bibliografía complementaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000