Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir na resolución de actividades ou nos comentarios dos erros cometidos nas análises gramaticais que se manden entregar como parte da avaliación. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse tres sesións presenciais de 1h., tipo seminario, distribuídas ó longo do cuadrimestre e que serán indicadas polo coordinador do grao (provisionalmente 4ª semana dos meses de febreiro, marzo e abril), co fin de que o alumnado poida preguntar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo poderá ser atendido en horas de titoría e vía e-mail na maior rapidez posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000