Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado A segunda parte do curso está encamiñada á realización dun traballo de acordo coas normas de presentación de orixinais dunha publicación periódica. Un 10% da cualificación final valorará a actividade na aula, nas titorías e durante o proceso de elaboración do traballo. 10 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG5
CE3
CE6
CE9
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
CT12
Resolución de problemas e/ou exercicios A evaluación dos dous primeiros temas dos contidos expostos nesta guía, correspondentes á primeira metade da materia, faráse mediante un exame no que o alumnado deberá contestar a preguntas sobre os principais conceptos expostos. Será preciso aprobar dito exame para superar a evaluación, e contará un 40 % da calificación final. 40 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG5
CE3
CE6
CE9
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
CT12
Observación sistemática O seguimento dos traballos e exercicios solicitados e a participación activa regular tanto nas titorías presenciais ou virtuais, tanto para o alumnado presencial como semipresencial, suporán un 10% da calificación final da materia. 10 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG5
CE3
CE6
CE9
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
CT12
Traballo O traballo escrito tutelado contará un 40% na cualificación final. 40 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG5
CE3
CE6
CE9
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia está estructurada en dúas partes ben diferenciadas: á primeira corresponden os dous primeiros temas (impartidos polo profesor Chas Aguión, da área de Literatura Española), en tanto que á segunda os outros dous expostos no apartado de contidos (impartidos pola área de Filoloxía Galega). As dúas partes terán un número igual de horas presenciais. Para obter calificación positiva, o alumnado terá que superar OBRIGATORIAMENTE ambas partes da materia. Para a primeira, haberá un exame escrito, que terá lugar ao rematar a primeira metade do cuatrimestre, en tanto que para a segunda pedirase un traballo escrito, que deberá ser entregado como data límite na última semana lectiva de decembro. O alumnado non presencial terá que cumprir coas mesmas condicións de avaliación (e coas mesmas datas) que o alumnado que opte pola avaliación continua.

Para quen opte pola avaliación única, haberá unha data oficial ao final do primeiro cuadrimestre, pero en ningún caso servirá para recuperar notas negativas para quen se teña presentado anteriormente na mesma convocatoria.

Quen non obteña unha calificación positiva nesta primeira edición de actas deberá presentarse ao exame de xullo na data fixada oficialmente pola Xunta de Facultade. Ao alumnado que tiver aprobado so unha das dúas partes da materia SO SE LLE CONSERVARÁ ESE APROBADO DURANTE UN MESMO CURSO ACADÉMICO (incluido, por tanto, xullo); en posteriores convocatorias deberá presentarse con ambas partes da materia.

Lémbrase a importancia, tanto para o exame escrito como para a entrega dos traballos da corrección lingüística. Asemade, a copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de proba conlevará a calificación cun cero. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá das responsabilidades derivadas neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000