Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases teóricas presentaremos ao alumnado cada un dos temas de xeito organizado, proporcionándolle a bibliografía precisa. No caso do réxime semipresencial o alumnado disporá da información suministrada polo profesor a través de pílulas Mooc (cuxo acceso será facilitado mediante unha clave) ou ben a través da información suministrada pola plataforma FAITIC.
Traballo tutelado Complemento das sesións maxistrais, nas horas prácticas serán expostos os conceptos teóricos a un grupo máis reducido do alumnado. Para o seu desenvolvemento será preciso como punto de encontro tanto a aula comoa biblioteca. O alumando semipresencial tamén disporá dos materiais precisos (sexa a través da plataforma de ensino virtual ou por correo electrónico) para avanzar en cada unidade temática.
Eventos científicos Está prevista a sesión a cargo dun/ha especialista na materia que pronunciará unha conferencia (xa sexa presencial ou por medios virtuais) sobre un dos contidos do programa, e sobre o que o alumnado, tanto presencial como semipresencial, terá que facer un traballo.A tal efecto, todo o estudantado matriculado disporá dos materiais precisos para o desenvolvemento desta actividade.
Seminario Horas de asistencia obrigatoria para todo o alumnado, fixadas no horario oficial, nas que se aclararán cuestións e se resolverán dúbidas previas ao exame ou á entrega de traballos. O alumnado de réxime semipresencial cumprirá coas esixencias deste tipo de matrícula en canto ao número de titorías obrigatorias: dúas (unha por cada parte da materia), ademais doutras que se acorde co profesorado.
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial das dúas partes está prevista unha sesión informativa a todo o alumnado, anticipando e aclarando as cuestións relativas ao desenvolvemento do curso. No caso de alumnado acollido á matricula semipresencial a asistencia ás primeiras dúas horas de actividades introductorias será de carácter obrigatorio.
Traballo tutelado Cada alumno/a deberá presentar un traballo seguindo as pautas expostas na segunda parte do curso. Ademais das instrucións recibidas na aula poderá asesorarse sobre particularidades do seu traballo nas horas de titoría. Tamen o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000