Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Nesa situación, e no que respecta a esta materia, manteríanse as metodoloxías, contidos, avaliación e titorías expostas nos correspondentes apartados desta guía, coa salvedade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Faitic).

Por outra banda, e no caso de que fose precisa a adaptción da docencia á modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto do estudantado as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000