Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Os estudantes deben subir a FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos traballos do alumnado. 10 A1
A2
A4
A5
C3
C5
C8
C11
C14
C17
C18
C22
C24
C26
C27
D4
D6
D15
D18
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na penúltima semana do cuadrimestre os estudantes realizarán na aula unha tradución, do francés ao español, dun texto científico ou técnico breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba permitirase o uso de ordenador e recursos de internet. 20 A1
A2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C22
C27
D2
D4
D7
D9
D16
D18
D22
D23
Traballos e proxectos Os alumnos realizarán dous traballos de tradución e/ou revisión á maneira de encomendas reais.

O primeiro contará un 30% da nota e haberá que entregalo na primeira semana de marzo.

O segundo contará un 40% da nota e haberá que entregalo na segunda semana de abril.

Os traballos responderán a parámetros específicos, que serán explicados na clase e quedarán, xunto cos prazos, reflectidos en Faitic para a súa consulta por parte do alumnado.
70 A3
A4
A5
C3
C4
C5
C8
C9
C11
C14
C17
C18
C22
C24
C26
C27
D2
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As
metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas
a cada unha delas aplícanse á primeira convocatoria no réxime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes
correspondentes á avaliación única e á segunda convocatoria de
avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado.


PRIMEIRA
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN


Os
alumnos deberán deixar
constancia por escrito da súa
vontade de non acollerse á modalidade de avaliación continua nas
dúas primeiras
semanas
do cudrimestre.


Criterios
de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:


Os
alumnos deberán entregar todas as encomendas e tarefas en prazo e
forma. Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba
explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o
alumnado matriculado na materia poida acceder a eles.

Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha cualificación de 4 en cada apartado.


Criterios
de avaliación empregados no sistema de avaliación única:


O
estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC
durante as dúas primeiras semanas do curso da súa vontade de non acollerse
ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á
avaliación continua, mais terá dereito a realizar un exame na data
oficial fixada polo Decanato e que constará das seguintes partes:

1. Parte teórica sobre contidos dados no cuadrimestre (10 %)

2. Parte práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do francés cara ao español (90 %).

Excepcionalmente,
poderá acordarse cos estudantes que non superasen unha parte
concreta da materia o mecanismo oportuno para recuperar esa parte na
segunda convocatoria de avaliación.


SEGUNDA
CONVOCATORIA (XULLO)


Para
superar a materia na segunda convocatoria, os estudantes deberán
aprobar un exame, que se celebrará na data oficial prevista polo Decanato do centro e que constará das seguintes partes:


1.
Parte teórica sobre contidos dados no cuadrimestre (10 %)


2.
Parte práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300
palabras) do francés cara ao español (90 %).


De
maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios,
obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


-
Incumpran as instrucións proporcionadas para a realización e
entrega do exercicio ou proba.


-
Incurran en plaxio total ou parcialmente.


-
Cometan máis de dúas faltas de ortografía na tradución.


-
Introduzan un segmento sen sentido na tradución.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000