Avaliación continua Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó
docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para
poder manterse dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir
polo menos ó 80% das horas presenciais. As competencias do alumnado serán avaliadas en función de dúas metodoloxías
diferentes: a) En traballos e proxectos, mediante a resolución de exercicios baixo a forma de tradución de
encomendas (70% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas dun total de 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de febreiro de
2016. A segunda encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de
marzo de 2016. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na terceira
semana de marzo de 2016. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na
segunda semana de abril de 2016. A quinta encomenda de tradución deberá
entregarse na cuarta semana de abril de 2016. b) Mediante a corrección da proba práctica na aula (30% da nota final). A proba
práctica en aula terá lugar na derradeira semana do mes de abril de 2016. Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016) O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame
final e único fixado para a derradeira sesión presencial da materia, segundo o
calendario e horario da Facultade. Este exame consistirá nunha tradución fr>es con tempo limitado (105
minutos). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente
sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2016) O alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas probas da
avaliación continua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de
2016) deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo)
fixada no calendario oficial da Facultade. Este exame consistirá nunha tradución fr>es con tempo limitado (105
minutos). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente
sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O
exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.
|