Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións
Avalíase a preparación, presentación e o contido.
40 A1
A2
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 20 A2
Traballos tutelados Avalíase a competencia tradutiva. 40 A2
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

A data do exame da avaliación continua fixerase antes de rematar o mes de abril e se estima que terá lugar na última semana das aulas.


Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia na data establecida pola FFT (maio e xullo).

O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000