Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións O alumnado exporá unha presentación ó longo do cuadrimestre.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e
procedimental o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en
exercicios de resolución de problemas tradutivos.
Traballos tutelados O alumnado preparará unha tradución a entregar ó longo do cuadrimestre.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000