É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades através da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega detraballos, probas, etc. AVALIACIÓN CONTINUA 1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas declase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesor para que este tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3 - O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse áconvocatoria única. 4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. O alumnado poderase atopar nalgún destes dous casos: a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (60%, indicaranse os prazos durante as clases) e probas prácticas (40%, indicaranse os prazos durante as clases), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. *b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (60%) e probas prácticas (40%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:
1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador.
2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e quedeberá enviar á wiki de FAITIC segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non secontará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempolimitado. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderárepetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática. CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO). O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materiapendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato a unha proba que consistirá en: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota. Soamente se poderáusar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregaro computador. 2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial eque deberá enviar á wiki de FAITIC segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática. ALUMNADO ERASMUS Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español ou do portugués. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel das dúas linguas de traballo. Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que: 1. Non teña como linguas de traballo o español e o portugués. 2. Non curse estudos de linguas e literatura, tradución ou linguas aplicadas. |