A condición para ser avaliada (avaliación continua) será a asistencia asídua ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única, sempre e cando llo comunique á docente e xustifique tal circunstancia documentalmente. Data do exame: na última sesión do curso, entre o 12 e 21 de decembro de 2015. A alumna e o alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo, debe superar un exame (características: cf. avaliación única) para todos os contidos da materia. Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia. O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución efectuarase con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame entregaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras así como dunha revisión.
Data do exame: na última sesión do curso, entre o 12 e 21 de decembro de 2015 O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula, ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).
|