Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grado en Traducción e Interpretación
 Asignaturas
  Traducción especializada Idioma 2: Servicios culturales: Alemán-Gallego
   Metodologías
Metodologías   ::  Guia de metodologias docentes
  Descripción
Sesión magistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a
descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos
contrastivos morfosintácticos, estilísticos e pragmáticos entre as dúas culturas e linguas. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e estarán apoiadas por un soporte práctico.
Eventos docentes y/o divulgativos Prevese a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de estudo, segundo a programación das actividades da facultade.
Resolución de problemas y/o ejercicios Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e
procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Prácticas en aulas de informática A resolución dos exercicios, o traballo previo para a tradución (traballo documental), así como a tradución e a corrección, o traballo de aprendizaxe
dalgunhas ferramentas básicas para a tradución faranse nas aultas de informática con acceso a internet.
Prácticas autónomas a través de TIC Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de
habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse a
través das TIC de maneira autónoma.
Trabajos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en
exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual.
Presentaciones/exposiciones O alumnado exporá polo menos dúas traducións ó longo do cuadrimestre.
Actividades introductorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000